DISCOGRAFÍA

 

 


A DANZA DOS QUE NON SE MOVEN

JOSÉ NINE CUARTETO

2016

                                                           

portada-para-web
(Freecode Jazz Records, 2016)

 

José Nine Saxofón

Marcos Pin Guitarra

Juan Cañada Contrabaixo

Javi Barral Batería

 

Invitados
Manuel Paino Trompeta
Thanos Athanasopoulos Saxo
Manuel Gutiérrez Piano

 


COCIDO SINFÓNICO

OS TRES TENedORES 

2014

 

Levan dende o 2010 actuando por toda Galicia cunha bagaxe de máis de sesenta actuacións.Contan con espectáculos innovadores de teatro, música e humor, dirixido a un público infantil e familiar onde se mestura o coñecemento sobre as distintas familias de instrumentos, estilos musicais máis relevantes, instrumentos de refugallo, variadas coreografías… ofrecéndoo dun xeito divertido, didáctico e orixinal, onde os rapaces e rapazas son tamén os protagonistas principais do espectáculo. En definitiva, un grupo de docentes e musicólogos con ampla experiencia no eido das artes escénicas e musicais.
Son un grupo de animación musical, que mestura música, teatro e humor, con fins didácticos, especialistas na mellor cociña musical para comensais de bo e primeiro dente, que son os rapaces e rapazas de entre catro e quince anos.

http://https://soundcloud.com/sonarbore/fame-blues

 


SHOOTS FROM ABYSSINIA (Documental)

OVIDIO FERNÁNDEZ SÁNCHEZ

2012

 

“SHOOTS FROM ABYSSINIA” 2012. 101 min.
Abdul, un neno etíope de 15 anos que vive en Galicia, viaxa á súa terra natal tras 4 anos residindo en España. Antes de emprender a marcha,  seu pai entrégalle a “Historia de Etiopía” escrita por Pedro Páez, o primeiro europeo en atopar as fontes do Nilo Azul. A historia formúlase como unha viaxe iniciática que chega ao seu clímax cando Abdul alcanza tamén o nacemento do  río.Un simbólico bautismo naquelas augas fonde lenda e realidade.

 

Mas información

 

 

 

 


AS VOCES DA MUSA

MARCOS PIN FACTOR E-RESET

2009

 

                     

 


BOLEROS & JAZZ

JOSÉ NINE CUARTETO & LOLI NOGUEIRA

2007

 

Boleros & Jazz / Jose Nine Cuarteto
(Audia Records, 2007)

 

 

José Nine Saxofón

Yago Vázquez Piano

Juan Cañada Contrabajo

Javi Barral Batería

Loli Nogueira Voz

 

 

‘Boleros & Jazz’, un tributo a la música latinoamericana en clave de jazz.

‘Boleros & Jazz’ es el fruto de un proyecto colectivo del que resultó un álbum de nueve piezas musicales: ‘temas atemporales y clásicos inmortales que forman parte del imaginario colectivo y que, además, habitan en muchos corazones’. Entre ellos destacan célebres boleros como el ‘Bésame mucho’ y ‘Lágrimas negras’, ‘Aquellas pequeñas cosas’ de Joan Manuel Serrat y dos estandards norteamericanos ‘What a difference a day made’ de Maria Grever y Stanley Adams, y el instrumental ‘My little suede shoes’, de Charlie Parker. En este proyecto colaboran la cantante Loli Nogueira, el saxofonista y flautista Jose Nine y los músicos que completan su cuarteto: Yago Vázquez (piano), Juan Vicente Cañada (contrabajo) y Javier Barral (batería).

 

(…) Boleros & Jazz, una colaboración entre el José Nine Cuarteto y la vocalista Loli Nogueira, es un homenaje, en clave jazzística, a la música latinoamericana, con predilección, como indica el título, por los boleros. Eso sí, este repertorio latino está enmarcado por dos estandards norteamericanos, What a difference a day made, de Maria Grever y Stanley Adams, y el instrumental My little suede shoes, del gran Charlie Parker. – Santiago Tadeo Cervera (Acid Jazz Hispano) Leer más

 amazon-logo_black   itunes-icon   DISCO A LA VENTA EN AMAZON  E  ITUNES

 


BEATLES & JAZZ

LEO GIANNETTO’S JAZZ PROJECT 

2006

 

             

 

(Audia Records,2006)

 


TERRA, FIN DE CICLO (Documental)

OVIDIO FERNÁNDEZ SÁNCHEZ

2004

 

“TERRA, FIN DE CICLO” 2004. 54 min.
 Marta personifica toda unha xeración de fillos e netos de labregos que  deixa atrás o medio rural. Nas aldeas, cheas de vida noutros tempos, só quedan os vellos. Marta interroga a veciños e investigadores na procura de respostas a este tempo de cambios.
-Estreada no Festival Cineuropa 2004 en Santiago de Compostela

Marta é a personificación de toda unha xeración de galegos que racha definitivamente cun mundo en crise. Filla, neta, bisneta de labregos, é consciente de que ese mundo se vai e inicia unha viaxe polas aldeas abandonadas do seu entorno, debate e interroga a compañeiros e historiadores buscando respostas. Sen renunciar a un pasado apegado ó terrón, ergue a cabeza para reivindicar sen complexos un lugar nun mundo novo cheo de incertezas.

TERRA, fin de ciclo” é un documental que se distancia de estereotipos idílicos ou bucólicos do mundo rural galego para enfrontarse coa crúa realidade dun pasado de penurias e miseria. Nas nosas aldeas, outrora cheas de vida e sacrificio, xa só quedan vellos, polo que de xeito inexorable, e a medida que quedan as casas valeiras, estes espacios quedan anegados pola maleza, eucaliptos e muíños de vento. Amósanse preguntas, interrógase, contrapóñense as reflexións no entorno desta moza nada na aldea de Sinllán, no concello das Nogais, corazón da montaña galega.


TERRA DE ZUME

XOSE MANUEL BUDIÑO

2004

 

Mas información

 


 

CINNAMON GUM

THE PAST TO COME

2003

 

 


 CINNAMON GUM EP

CINNAMON GUM

2002


 

Iván Salgado: Rhodes
Carlos Risco: Guitarra
José Nine Cés: Saxo
Xurxo Brea: Bajo
Marcos Vázquez: Batería

 

 

 


PUNTA DE CABÍO

MARCOS TEIRA

2002

 

 

Punta de Cabío, é o primeiro disco en solitario do guitarrista galego Marcos Teira. Un disco de guitarra no que o flamenco é a base sobre a que construe a sua música. Unha música realizada sobre algúns paus dos máis habituais neste estilo, conseguindo unha calidez e orixinalidade pouco frecuentes. Flauta, clarinete, percusión, baixo e vibráfono son algúns dos instrumentos cos que Marcos conta para interpretar os temas deste disco. Dende os seus comenzos a sua curiosidade musical levao a formar parte de distintas bandas de rock para máis adiante entrar en contacto co guitarrista flamenco Jesús Pimentel; De aquela época saliría o disco “Pimenteira” que a su vez deu lugar a unha formación co mesmo nome durante practicamente toda a decada dos noventa.
Punta de Cabío é un disco no que Marcos utiliza o flamenco para mostrarnos fundamentalmente a sua faceta como compositor. Nesta grabación aparecen músicos da máis variada procedencia, entre eles algúns pertencentes a Psicofonica de Conxo banda da que Teira tamén é integrante.

 

Músicos:
Guitarra: Marcos Teira
Baixo: Paco Charlín (1),(2), Quín García (4),(5), Mariano Martos (7)
Percusión: Sergio Martínez (1),(2),(3),(5),(7) Javier Ferreiro (4),(8)
Batería y vibráfono: Pepe Sendón
Saxos: Roberto Somoza
Flauta: Roberto Somoza (1),(4), Xosé Nine (5)
Clarinete: Roberto Somoza
Tuba: Christopher Lee
Voz: Iria Peña

 

 


 

NAVIEGOS, OS OUTROS ARRAIANOS (Documental)

OVIDIO FERNÁNDEZ SÁNCHEZ

2001

 

“NAVIEGOS, OS OUTROS ARRAIANOS” 2001.

Producido por TVE S.A. 90 minutos. Unha visión subxectiva do río Navia na que o autor vai na procura das súas raíces, reencontrándose coas pantasmas do pasado.
   –Premio do Xurado no Festival Internacional de Cine El Riu de Barcelona (2002).
  -Participou no II Encontro Hispanoamericano de Vídeo Documental Independiente. (México, 2002)
  -Proxectado fóra de competición no Festival LaCinemaFe de Nova York (2002)

 

É unha idea que se esboza nos xogos da infancia, madurou no faiado da memoria do autor, e hoxe se concreta nun intento de recuperar aquelas vivencias condicionadas polo río. Unha pelota río abaixo e o seu afán por recuperala 31 anos despois, lévao a desandar o camiño e as consecuencias que eso supón; a vivencia de moitas e variadas historias arraiáns.

O Navia, lindeiro oriental de Galicia, nace na confluencia de 3 comunidades: León, Asturias e Galicia, ó pé do Camiño de Santiago, no epicentro dos terremotos que mais convulsionaron Galicia na súa historia recente. Busnullán, no Cebreiro, é a aldea que arroupa un parto explosivo que permite xerar a forza suficiente como para dar vida a 5 muíños e 2 aceas nos 500 primeiros metros da súa vida. O castelo de Doncos permite unha reflexión sobre as lendas mouriscas na voz se Xerardo Pardo de Vera. O río Ser aporta o caudal ancarés que trae as augas e as historias de Suarbol, enclave leonés nos Ancares Galegos.

Navia de Suarna é un remanso onde o autor se detén e rememora as súas vivencias que o levan río abaixo nun frenesí por recuperar un tempo que xa pasou. O profesor González Reboredo define as características comúns dos naviegos.  Os lindes administrativos galaico-asturianos quedan desfigurados no leito do Navia que atopa a súa primeira ferida de morte ca chegada ó embalse de Grandas. Negueira de Muñiz recupera a súa memoria na lembranza do Sr. Muñiz, nos veciños da marxe dereita que abandonan as aldeas incomunicadas polos embalses e na ocupación desas casas polos hippys da comuna nos anos 70. Grandas e Boal, xa en terras de Asturias nos falan de 2 embalses máis, que paralizan a vida transfronteiriza. A morte do río remata na vila de Navia, xa no mar Cantábrico, con un ecosistema moi deteriorado.

Ficha técnica

A documental empezouse a rodar en novembro de 1.999, e o longo de un ano fíxoselle un seguimento periódico. En paralelismo cá vida, iniciase cun nacemento na neve, unha xuventude primaveral, un verán adulto e enfermizo e un outono decadente na vellez final.Na cinta empréganse tódolos recursos necesarios para vivir o Navia de xeito distinto:imaxes aéreas, en piragua, en lancha, a pé de río, desde as cumes, imaxes inéditas dos anos 50, 60 e 70, etc.A linguaxe queda definida pola fala das xentes que de un xeito natural marcanas etapas percorridas.

Duración: 90 min.

Formato:  BETACAM SP 4:3

Música: ADN.

Gravada nos estudios da Radio Galega.

Técnico de son: Pablo Barreiro.

Producción: Carmen Mosquera Sende.

Edición e Montaxe en AVID: Jesús González García.

Imaxe, Guión e Dirección: Ovidio Fernández Sánchez

 

Mas información 

 

 


CLAVE NAIF

SERAFÍN CARBALLO

2000

 

 

Serafín Carballo, Altercado

      altercado

 


 

¿CÓMO LO VES?

AROSA EXPRESS 

1985

 

 

Juan (saxos)
Vicente (piano,sintetizadores)
Antonio (guitarra eléctrica y acústica)
Nine (saxos)
Fernando (bajo,voces y guitarra)
Josechu (bateria “Simons” y voz)
Ezequiel (productor,realizador y lo que haga falta)
Patiño (publicidad)
Ingenieros de sonido (F.Marty-Michael)